esterol
esterol
(<éster + -ol)
s
m
[BIOQ]
Cada unha das substancias que teñen o esqueleto dos esteroides e unha función alcohólica en posición 3, ás veces un dobre enlace na posición 5-6 e unha cadea lateral alifática unida ao carbono 17. Poden existir tanto en forma de esterois libres como en forma de ésteres de ácidos graxos superiores, e pódense illar por extracción da fracción insaponificable de aceites e graxas vexetais ou animais. Moi estendidos na natureza, existen os zoosterois, que son os esterois de orixe animal, entre os que se atopa o colesterol; os fitosterois, que son os que se atopan nas plantas, como o betafitosterol; e os micosterois, que son os esterois presentes nos fungos, como o ergosterol.