Estévanez Murphy, Nicolás
Militar, político e xornalista. Formado no colexio militar de Toledo, integrouse en 1856 no Batallón de Cazadores das Navas. En 1859 foi destinado a África no rexemento de Zamora e en 1863 trasladouse a Puerto Rico e desde alí aos EE UU. Membro activo no movemento revolucionario de 1868 e no movemento republicano federal de 1869, foi encarcerado en Béjar. Profesor do Ateneo Militar, foi o iniciador en 1872 do movemento revolucionario en Andalucía. Trala proclamación da República foi nomeado gobernador de Madrid e posteriormente ministro de Guerra. Restaurada a monarquía, exiliouse primeiro en Portugal e despois en París. Redactor do Noticiero de España e colaborador dos xornais madrileños El Imparcial, El descanso dominical e Gente Vieja, e do tinerfeño El Diario de Tenerife. Entre as súas obras destacan Dicionario Militar (1897), Memorias autobiográficas e Calandraca (1898). Recibiu a Cruz de San Fernando pola súa participación na Guerra de África.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Las Palmas de Gran Canaria -
Deceso
Lugar : París