Estévez Montoto, Xavier
Actor. Iniciou a súa actividade profesional en 1986 no grupo Ítaca e realizou diversos espectáculos coas compañías Uvegá Teatro (Trínguilin trángala, Freda Gómez) e O Moucho Clerc (A caza do Snark, O rousiñol de Bretaña). A súa carreira desenvolveuse posteriormente con traballos para o Centro Dramático Galego (O arce no xardín, A casa dos afogados, O incerto señor don Hamlet, Como en Irlanda, Lisístrata ou cando as mulleres reviraron, O peregrino errante que cansou ao demo, O Bufón d’El Rei, Memoria de Antígona, Valle-Inclán 98 e Xelmírez ou a gloria de Compostela), Teatro do Noroeste (A grande noite de Fiz, Galileo Galilei, As vodas de Fígaro, Macbeth, Historias Peregrinas, Noite de Reis e A Celestina) ou Sarabela Teatro (O lapis do carpinteiro). Traballou con directores como Manuel Lourenzo, Ricard Salvat, Eduardo Alonso, Quico Cadaval, Guillermo Heras, Ánxeles Cuña, Manuel Guede Oliva ou Roberto Vidal Bolaño. Tamén realizou traballos de produción teatral, dobraxe, programas de radio e colaboracións en series de televisión como Pratos combinados ou A familia Pita.
Cronología
-
Nacemento