Estévez Toranzo, Alicia
Microbióloga. Graduada en ciencias biolóxicas (1977) e licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1979), doutorouse en Bioloxía nesta mesma universidade (1980). Ampliou os seus estudios en EE UU, nas universidades de Maryland e Oregon. Catedrática de Microbioloxía e Parasitoloxía da universidade compostelá dende 1991, desenvolve o seu labor investigador no eido da acuicultura, concretamente na patoloxía bacteriana e vírica, na patoloxía fenotípica, antixénica e molecular de microorganismos patóxenos dos peixes, no desenvolvemento de métodos de diagnóstico de patóxenos nos peixes, na epizootioloxía e na quimioterapia e vacinación. Ten patentadas tres vacinas empregadas en acuicultura: GAVA-3, para o control da vibriose en rodaballo e salmónidos; DI, para o control da pasteurelose en dourada e robaliza; e ET-2, para o control da estreptococcia en rodaballo. Participou en numerosos congresos nacionais e internacionais. Membro do comité de revisores de diferentes revistas científicas de microbioloxía e acuicultura, publicou numerosos artigos e capítulos para libros científicos.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra