Estilicón, Flavio
Estilicón, Flavio
Xeneral romano. De orixe vándala, foi nomeado magister militum (394) por Teodosio. Trala división do Imperio, confióuselle a titoría de Honorio e Arcadio, e a rexencia do Imperio de Occidente. Derrotou os visigodos de Alarico en Pollenza (402) e Verona (403) e os ostrogodos en Fiesole (405), pero non puido recuperar Iliria. Desamigouse coa corte pola presenza de numerosas tropas de orixe bárbara e, acusado de traizón, foi condenado a morte.
Cronología
-
Deceso
Lugar : Ravenna