estímulo

estímulo

(< lat stimŭlu)

  1. s m

    Aquilo que estimula ou anima.

    Ex: Aquela felicitación foi un estímulo para todos.

    Sinónimos: acicate, aliciente, incentivo.
  2. s m [FISIOL]
    1. Calquera cambio no ambiente externo ou interno dun organismo que provoca unha modificación na súa actividade.

    2. Cada un dos axentes ou das condicións que poden provocar modificacións na actividade dun organismo. A intensidade da resposta depende da intensidade do estímulo, sempre que esta última acade un certo valor, chamado limiar. Os efectos estimulantes poden ser físicos, químicos ou biolóxicos.

  3. estímulo psíquico [PSIC]

    Estímulo que afecta á conduta ou ás vivencias dun animal superior. Pode ser adecuado, cando provoca a reacción normal dun receptor; inadecuado, cando provoca a experiencia modal típica pola súa acción directa sobre o nervio, ou se actúa anormalmente sobre un receptor, e tamén, en reflexoloxía, se está condicionado a unha reacción que non provoca espontaneamente; supraliminar, se se produce moi por enriba do limiar, condición en que se percibe dunha maneira diferente; liminar, cando está na rexión do limiar, onde a percepción pode presentarse ou non; e subliminar, cando é por debaixo do limiar, onde non pode producir un efecto directo, pero si indirecto. Ivan Petrovič Pavlov e os condutistas utilizaron exhaustivamente o concepto estímulo-resposta.

Palabras veciñas

estimulador -ra | estimulante | estimular | estímulo | estiñada | estiñar | estiño