estirada

estirada

(< estirar)

  1. s f

    Aumento rápido da estatura dunha persoa.

    Ex: Deu tal estirada que xa é tan alto coma ti.

    Sinónimos: estirón. Confrontacións: estiramento.
  2. s f [DEP]

    Acción de saltar e estender o corpo e os brazos canto se pode para deter o balón.

    Ex: Fixo unha boa estirada pero o porteiro non foi quen de parar o balón.

    Confrontacións: estiramento.

Palabras veciñas

2 estipular | estiquidio | estiracáceo -a | estirada | estiramento | estirar | estireno