estiramento
(< estirar)
-
s
m
Acción de estirar ou estirarse.
Ex: Tivo un estiramento muscular. Facían exercicios de estiramento.
Confrontacións: estirada. -
[TECNOL]
-
s
m
Operación de calibrar barras ou tubos metálicos, laminados en quente, por redución da súa sección facéndoos pasar a través dunha fileira ao mesmo tempo que se someten a un esforzo de tracción. Co estiramento, obtense unha gran precisión dimensional, un aumento do límite elástico e da resistencia á tracción, e unha diminución da estrición e da resiliencia. Xeralmente realízase en frío.
-
banco de estiramento
Máquina de estrutura pesada e robusta empregada no estiramento de barras e perfís. Consta basicamente dun cabezal, fixado ao banco, que contén unha ou máis fileiras que determinan as dimensións da peza estirada ao pasar a barra ou o perfil por elas. O carro de tracción suxeita a peza cunhas mordazas e, mediante a forza que lle comunica un rotor, estíraa e obrígaa a pasar pola fileira mentres se despraza ao longo do banco.
-
s
m