Estiria
Land do SL de Austria, situado na cadea alpina de Niedere Tauern, que actúa como divisoria de augas (16.388 km2; 1.203.062 h [1999]). A capital é Graz. A parte occidental está constituída polos vales dos ríos Enns e Mur. O principal recurso económico é a explotación do bosque, que cobre un 49% do territorio e produce madeira, en gran parte para a exportación. A agricultura ten escasa importancia. A presenza de xacementos de ferro (Eisenerz), lignito e magnesio favoreceron o desenvolvemento dunha destacada industria siderúrxica e metalúrxica. Habitada polos celtas e os ilirios, formou parte das provincias romanas de Nórica e Panonia. Integrada na Marca Carinta do Imperio Carolinxio (788), a familia Steyr controlou o territorio dende mediados do s XI. Ducado independente desde 1180, en 1192 pasou a Austria. O Emperador Carlos V herdouno de Maximiliano I e cedeulla ao seu irmán Fernando (1521). A poboación converteuse maioritariamente ao protestantismo (1530), pero trala Contrarreforma volveu instalarse o catolicismo entre a poboación. Anexionada a Austria en 1619, trala Primeira Guerra Mundial, a Baixa Estiria, de maioría eslovena, foi cedida a Iugoslavia (1919) e dende 1992 forma parte de Eslovenia.