estivada

estivada

(

  1. s f

    Labor que consiste en rozar un anaco de monte e queimar os terróns e a broza para obter borralla, que se estende despois polo terreo para ser labrado e cultivado.

  2. s f

    Terreo, nun principio cuberto de bosque ou matogueira, preparado para o cultivo temporal segundo un elemental sistema de cavado. Antigamente, cultivábase durante catro ou cinco anos ata o esgotamento do solo, e despois abandonábase. A cava practicada en zonas despoboadas ou comunais constitúe unha forma característica do cultivo itinerante.

Palabras veciñas

estirón | estirpe | estivación | estivada | estivadar | estival | estivisilva