estivación

estivación

(< estival)

  1. s f [ZOOL]

    Estado de actividade vital reducida, inducida pola calor, que se presenta na época máis cálida do ano. O motivo é a reacción protectora do organismo fronte ás condicións desfavorables producidas polas altas temperaturas, e é propio de animais de rexións desérticas tropicais.

  2. s f [BOT]

    Fenómeno polo que certas plantas non xerminan ata que reciben o estímulo de temperaturas elevadas, propias do verán.

Palabras veciñas

estirilo | estirón | estirpe | estivación | estivada | estivadar | estival