estivación
estivación
(< estival)
-
s
f
[ZOOL]
Estado de actividade vital reducida, inducida pola calor, que se presenta na época máis cálida do ano. O motivo é a reacción protectora do organismo fronte ás condicións desfavorables producidas polas altas temperaturas, e é propio de animais de rexións desérticas tropicais.
-
s
f
[BOT]
Fenómeno polo que certas plantas non xerminan ata que reciben o estímulo de temperaturas elevadas, propias do verán.