estola
estola
(< lat stola < grστολή ‘vestido’)
-
s
f
[HIST]
En Grecia e Roma, vestido xeralmente longo que usaban as matronas. Púñase por riba da túnica e cinguíase ao corpo, por debaixo do peito, cun cinto que axudaba a que se formasen amplas dobras.
-
s
f
[RELIX]
Banda longa de tea que poñen ao redor do pescozo os presbíteros e diáconos nos actos litúrxicos.
-
s
f
Banda ancha, normalmente de pel, que usan as mulleres como adorno ou abrigo, e que cobre o pescozo e os ombreiros.