estoico -ca
estoico -ca
(< lat Stoĭcu < grΣτωικός ‘lugar de Atenas onde se reuníanestes filósofos’)
-
adx
Relativo ou pertencente ao estoicismo.
-
adx e s
Que ou quen é partidario ou seguidor do estoicismo.
Ex: Gústalle a filosofía estoica. Entre os estoicos máis sobresaíntes está Séneca.
-
adx e s
Que ou quen manifesta indiferenza ou conformidade ante a adversidade ou a desgracia.
Ex: É unha muller de carácter estoico. Hai que ser todo un estoico para soportar isto.