estoico -ca

estoico -ca

(< lat Stoĭcu < grΣτωικός ‘lugar de Atenas onde se reuníanestes filósofos’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao estoicismo.

  2. adx e s

    Que ou quen é partidario ou seguidor do estoicismo.

    Ex: Gústalle a filosofía estoica. Entre os estoicos máis sobresaíntes está Séneca.

  3. adx e s

    Que ou quen manifesta indiferenza ou conformidade ante a adversidade ou a desgracia.

    Ex: É unha muller de carácter estoico. Hai que ser todo un estoico para soportar isto.

Palabras veciñas

Estocolmo | estofa | estoicismo | estoico -ca | estoiras | estola | estolda