estoicismo

estoicismo

(< estoico)

  1. s m [FILOS]

    Doutrina filosófica nacida a finais do s IV a C e que se desenvolveu ata finais do s III d C. Distínguense o estoicismo antigo, representado por Zenón de Citio, Cleantes e Crisipo; o estoicismo medio, representado por Panecio e Posidonio; e o estoicismo novo ou estoicismo imperial, representado polos filósofos romanos Séneca, Epic22teto e o Emperador Marco Aurelio. Das tres partes da filosofía, a ética é a que ocupa o lugar máis elevado. A súa teoría ética pretendeu a chegada ao exercicio constante da virtude ou eudemonia a través da autosuficiencia, da aceptación con serenidade do destino e da loita contra as paixóns que producen intranquilidade; para iso, o home non debe procurar o pracer nin o benestar externo. Afirmaron que o máis importante mandato ético era vivir segundo a natureza, de acordo coa razón. Os seus estudios sobre lóxica foron a primeira teoría profunda sobre a linguaxe humana. Outros autores que seguiron esta doutrina foron Aristón de Quío, Hesilo de Cartago e Dióxenes de Babilonia.

  2. s m

    alor ou coraxe para soportar as desgracias e as adversidades con indiferenza ou conformidade.

Refráns

  • Nada ten o que nada lle abonda.
  • Non te abatas pola pobreza nin te crezas por riqueza.
  • Non ten nada quen nada lle abonda.

Palabras veciñas

Estocolmo | Estocolmo | estofa | estoicismo | estoico -ca | estoiras | estola