estolidobranquio -quia

estolidobranquio -quia
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos estolidobranquios.

  2. s m [ANIMAL]

    Ascidia da orde dos estolidobranquios.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde da clase dos ascidiáceos formada por individuos que se caracterizan por presentar na cámara branquial unha serie de dobramentos meridianos ben desenvolvidos que forman unhas costelas lonxitudinais e dividen a cavidade en subcámaras. Existen formas solitarias e coloniais. Dous dos xéneros máis comúns son o Styela e o Dendrodoa.

Palabras veciñas

estolda | estolidez | estólido -da | estolidobranquio -quia | estolón | estolonífero -ra | estoma