estolón
estolón
(< lat stolōne ‘abrochoque se forma ó pé da árbore’)
-
s
m
[BOT]
Rebento lateral máis ou menos delgado que nace na base do talo de certas plantas herbáceas e que crece horizontalmente, sobre o chan ou subterráneo. Pode enraizar nos nós e dar orixe a novos individuos. A reprodución vexetativa mediante estolóns é importante en plantas como a amorodeira.
-
s
m
[ZOOL]
Estrutura tubular que nas colonias de pólipos une os diversos zooides entre eles, feito que permite a unidade da colonia.