estomatite
estomatite
(
s
f
[PAT]
Inflamación da mucosa bucal que pode ser debida a unha infección por xermes, unha exposición a substancias químicas, un déficit vitamínico ou a enfermidades inflamatorias xeneralizadas. A máis común é a estomatite herpética aguda, causada polo virus Herpes simplex. Transmítese a través da saliva e pasa un período previo con febre alta e malestar xeral. Despois dun ou dous días aparecen as lesións no interior da boca, con arrubiamento, en forma de pequenas vesículas que rompen rapidamente e forman pequenas úlceras ou aftas. A enfermidade dura ao redor de sete días. O 90% dos adultos teñen anticorpos contra este virus, feito que indica que nalgún momento tiveron a enfermidade.