estopa
(< lat stuppa)
-
s
f
Parte basta e máis ordinaria que queda ao pasar o liño ou o cánabo polo restrelo. Na tradición oral recóllense ditos como: “A estopa onda o lume, acéndea o demo. O lume a carón da estopa, vén o diaño e sopra. Máis vale estopa de marzo que febra de maio. O home é lume, a muller é estopa; vén o demo e sopra. O liño e a estopa, á sombra. Quen ten cu de estopa sempre pensa que llo queiman”.
-
s
f
Material téxtil que se obtén despois de fiar as fibras de peor calidade do liño. Na tradición oral recóllese o dito: “A estopa, como é fiada; a moza, como é criada”.
-
s
f
Conxunto de fíos que quedan despois de restrelar o liño ou ao se desfacer as cordas, e que se usan, entre outros fins, para calafatear ou limpar as embarcacións. Na tradición oral recóllese o dito: “Non abondan estopas para tapar tantas bocas”.
Frases feitas
-
Arrear/Dar estopa 1 Bater forte.
-
Poñer/Pór lume á estopa. Alentar unha discordia.
-
2 Saír correndo.
Refráns
- A estopa onda o fogo acéndese logo.
- Máis vale estopa de marzo que freba de maio.