Estoril

Estoril

Cidade do distrito de Lisboa que pertence ao concello de Cascais, Portugal, ao N da desembocadura do río Tejo (12.550 h [1992]). A situación costeira e as boas comunicacións con Lisboa convertérona nun importante centro turístico. Foi residencia da familia real española durante a ditadura do xeneral Francisco Franco.