Estrabón

Estrabón

Xeógrafo e historiador grego. Estudiou en Asia Menor, Grecia, Roma e Alexandría. Viaxou por Europa, o N de África e polo Nilo nunha expedición dirixida por Aelio Gallo, prefecto romano de Exipto. Escribiu en grego unha Historia, concibida como continuación da obra de Polibio, da que apenas hai algúns fragmentos, e unha Xeografía en 17 tomos que se conserva case completa. Para a súa obra baseouse nos estudios de Hiparco, Éforo, Polibio, Posidonio e Erastótenes. Sostivo a necesidade dunha base científica para a xeografía, especialmente no referente ás relacións entre o home e o medio físico.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Amasya

  • Deceso