Estradense, El

Estradense, El

Semanario agrarista aparecido na Estrada a finais de 1906. Dirixido inicialmente por Benigno Pío Losada, entre 1908 e 1918 ocupou o cargo Manuel García Barros. De inspiración católico-tradicionalista, defendeu os sindicatos agrícolas fronte ás sociedades agrarias, ademais de atacar o caciquismo. A partir de 1908 incorporouse á campaña antiforal que dirixiu o Directorio de Teis. Mantivo diversas polémicas coa publicación caciquil La Voz del Pueblo.