Estradense, El

Estradense, El

Publicación mensual do Centro Cultural del Partido de La Estrada aparecida en Bos Aires en 1980. Dirixida por Teodoro García, da súa redacción encargábase Alicia González. Distribuía unha tiraxe de entre 700 e 1.000 exemplares. A maior parte dos contidos refírense ás actividades e ao labor da institución. Tamén informa da actualidade galega e da comarca da Estrada, para o que recolle referencias de noticias aparecidas na prensa galega. Inclúe debuxos e fotografías de Galicia e de persoeiros galegos.