Estraperlo, escándalo do

Estraperlo, escándalo do

Asunto de corrupción política que provocou a fin do goberno de coalición entre o Partido Radical e a CEDA durante a Segunda República Española. En maio de 1934 Strauss e Perlowitz intentaron obter das autoridades republicanas a legalización dunha ruleta trucada que inventaran. En setembro de 1934 conseguiron introducila en casinos de Donostia e Palma de Mallorca, aínda que foi inmediatamente prohibida pola policía. Strauss esixiu unha compensación económica a diversos políticos, sen éxito, motivo polo que remitiu toda a documentación do asunto a Niceto Alcalá Zamora, presidente da República. O 20 de setembro de 1935 Alejandro Lerroux dimitiu como presidente do goberno porque moitos dos seus partidarios estaban relacionados coa obtención da concesión. O Partido Radical quedou totalmente desprestixiado, o que precipitou a fin do goberno radical-cedista. Durante o período franquista as actividades de estraperlo constituíron un amplo mercado negro nacido a raíz da situación de racionamento decretado polo réxime.

Palabras veciñas

estrapada | estraperlista | estraperlo | Estraperlo, escándalo do | estrar | Estrasburgo | Estrasburgo, xuramento de