Estrasburgo, xuramento de

Estrasburgo, xuramento de

Acordo realizado o 14 de febreiro de 842 entre Luís II o Xermánico e Carlos II o Calvo, vencedores en Fontenoy-en-Puisaye (841) contra o seu irmán Lotario e o seu sobriño Pipino II. O historiador J. E. Nithard conservou o texto no seu prototipo latino e nas versións producidas en romance e altoalemán, que son os testemuños máis antigos que se conservan destas dúas linguas. Luís II pronunciou a fórmula en romance e Carlos II, en alemán.

Palabras veciñas

Estraperlo, escándalo do | estrar | Estrasburgo | Estrasburgo, xuramento de | estrasburgués -sa | estrat(i/o)- | estrataxema