estratego
estratego
(
-
s
m
[HIST]
-
Xefe do exército en diversos estados gregos da Antigüidade.
-
Membro do colexio de dez persoas que se encargaron dos asuntos militares en Atenas desde a época de Clístenes (501 a C-500 a C). En tempos de guerra ocupábase do recrutamento das tropas, da repartición das naves, dirixían o exército e decidían sobre os tratados e sobre a paz. Durante a paz, dirixía as relacións exteriores, o tesouro e conservaba atribucións xurídicas sobre o exército. Dende o s V a C converteuse no maxistrado principal.
-
Xefe supremo dunha circunscrición ou tema que, no Imperio Bizantino, exercía as funcións de xeneral en xefe, xuíz supremo e xefe da administración do seu territorio.
-
-
s
Persoa versada en estratexia.