estratexia
(< lat strategĭa < grστρατηγία)
-
s
f
-
[BÉL]
Ciencia de proxectar e dirixir as grandes operacións militares. Ten como partes executivas a táctica, que se ocupa da estrutura dos exércitos, do recrutamento, do funcionamento do armamento e dos transportes e do estudo do terreo, do medio humano e das características do adversario; e a loxística, que se ocupa de calcular, preparar e levar a cabo todo o que fai referencia á vida, ao movemento e ás necesidades da tropa para conseguir a máxima eficacia en cada operación concreta.
-
[POLÍT]
Coordinación das forzas políticas, económicas e diplomáticas para conseguir os obxectivos dun Estado, dun grupo ou dun partido.
-
[BÉL]
-
s
f
Arte de coordinar as accións para lograr o obxectivo que se pretende.
Ex: As súas estratexias non deron resultado e a empresa pechou.
Sinónimos: táctica. -
[DEP]
-
s
f
Conxunto de accións que se desenvolven no transcurso dunha competición conforme a un plan establecido con anterioridade.
-
xogada de estratexia
Conxunto de movementos coordinados dun equipo deportivo, especialmente os ofensivos que seguen á execución dun lanzamento.
-
s
f
-
[ECOL]
-
estratexia do k
Estratexia ligada aos procesos de supervivencia dunha especie; neste caso, as poboacións que posúen esta estratexia desenvólvense en límites próximos aos marcados pola súa capacidade de carga; presentan unha curva sigmoidea de medra poboacional, viven en ambientes máis ou menos estables e a súa mortalidade depende do tamaño poboacional.
-
estratexia do r
Estratexia ligada aos procesos de supervivencia dunha especie; consiste en que as poboacións presentan flutuacións irruptivas que ascenden e descenden bruscamente, mostrando unha curva de desenvolvemento poboacional similar á curva exponencial; as especies que manifestan unha estratexia rR de supervivencia presentan para lograla, maior dependencia das condicións do medio ambiente que do tamaño poboacional.
-
estratexia do k