táctica
(
-
s
f
[BÉL]
Conxunto de principios e regras que orientan a condución das operacións militares no campo de batalla, con exclusión de todo o que sexa propio da estratexia ou a loxística. Mentres que os combates dos pobos primitivos se baseaban no aproveitamento do terreo e o combate individualizado, na Antigüidade empregáronse formacións como a falanxe macedónica ou a lexión romana. A guerra medieval organizouse ao redor dos combates individuais dos cabaleiros acoirazados, ata que no Renacemento apareceron as armas de fogo e as grandes masas de infantaría mercenaria. A Revolución Industrial permitiu a creación de grandes exércitos que comezaron a protexerse en trincheiras e outras fortificacións de campaña ao tempo que dispersaban as súas formacións. Estas características non fixeron senón exacerbarse coa Segunda Guerra Mundial, pero o poder aéreo e a motorización impuxeron cambios tácticos baseados en movementos rápidos, combinados coa acumulación de fogos. A aplicación da enerxía atómica na guerra levou ao límite durante a Guerra Fría, a capacidade de mutua destrución e a correspondente necesidade de novos medios de defensa. O tratado máis antigo sobre o tema foi A arte da guerra, de Sun Tzu.
-
s
f
-
Procedemento que se emprega para conseguir un obxectivo.
-
Habilidade para acadar un obxectivo.
-