tacticidade

tacticidade
s f [QUÍM/FÍS]

Ordenación configuracional dunha cadea polimérica que contén átomos de carbono asimétricos. Os polímeros que presentan unha ordenación regular denomínanse tácticos, e poden ser isotácticos, cando todo os átomos da cadea teñen a mesma configuración relativa respecto a esta, e sindiotácticos, cando a teñen alternada; e os que presentan unha ordenación aleatoria denomínanse atácticos.

Palabras veciñas

tacón | Tacoronte | táctica | tacticidade | táctico -ca | táctil | tactilidade