estremeño -ña
(< topónimo Extremadura)
-
adx
Relativo ou pertencente a Extremadura.
-
s
Natural ou habitante de Extremadura.
-
s
m
[LING]
Variante dialectal do castelán que se fala en Extremadura. A súa situación xeográfica explica algunhas das súas peculariedades lingüísticas: as terras estremeñas foron repoboadas por León na súa parte máis occidental (Cáceres, Mérida, Badajoz), mentres que Castela ocupaba a zona oriental (Béjar, Plasencia, Trujillo); despois, e ata finais do s XVI, Extremadura volveuse cara a Sevilla e Toledo. Polo tanto o estremeño recibiu influencias leonesas, castelás e andaluzas. Ademais a súa situación de contacto co portugués na fronteira e a súa marxinalidade imprimíronlle unha certa tendencia ao conservadorismo. Resulta, polo tanto, ser unha fala de transición entre o leonés, o castelán da meseta e o andaluz. O estremeño, de grande inestabilidade, mantén diferencias moi marcadas entre unhas zonas e outras e entre uns niveis e outros. A pegada leonesa percíbese sobre todo na parte setentrional: inserción do i en sílaba átona (palicia, ‘alpendre’); peche das vocais -o, -e finais en -u e -i abertas, respectivamente (abaju, ‘cara a abaixo’, pobri, ‘pobre’) no NO e centro de Cáceres; transformación do d implosivo en l (mayoralgo ‘morgado’) e palabras como zorondo (‘serodio’). Os trazos andaluces, en cambio, dominan a Extremadura baixa: [Z] vibrante