Estremoz

Estremoz

Cidade do distrito de Évora, no Alto Alentejo, na marxe dereita do río Tera (18.073 h [1981]). As canteiras de mármore constitúen a principal base da súa economía. Doada en 1211 á orde de Avis, recibiu o seu foro en 1258 e foi considerada cidade en 1926. Nas súas proximidades desenvolveuse a Batalla de Estremoz. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo, as murallas (ss XIII e XVII), a igrexa de Santa Maria, a igrexa de San Francisco Xavier, monumento nacional, e o palacio real (s XIII).