estrés
estrés
(
s
m
[PAT]
Serie encadeada de reaccións psicolóxicas e fisiolóxicas que produce un organismo ou un órgano sometidos a situacións de ameaza ou a estímulos nocivos. Pódese dividir en dúas fases: unha de alarma, na que ten lugar unha reacción neurovexetativa, unha incitación do hipotálamo e da prehipófise, e unha excitación suprarrenal; e outra de resistencia, que se caracteriza por unha activación do catabolismo proteínico e unha adición de auga e sal ás hormonas. Estas dúas son correntemente seguidas por outra fase, chamada de esgotamento, xa que a resistencia á agresión comporta unha diminución de defensas diante doutros axentes patóxenos.