estribeira

estribeira
  1. s f

    Pano ou aparato que se colga do pescozo e que serve para termar dunha man ou dun brazo cando están magoados.

  2. s f

    Peza da sela do cabalo na que o xinete apoia os pés.

    Sinónimos: estribo.
  3. s f

    Corda que se une pola parte superior ás dúas cangallas interiores do xugo.

  4. s f

    Correa longa coa que os zapateiros aseguran os zapatos sobre os xeonllos.

  5. s f [MAR]

    Tolete fixado na proa da dorna do que se amarra, mediante un cazulete, a poia inferior da vela.

Frases feitas

  • Na estribeira. Sostido por medio dun pano pendente do pescozo.

  • Perder as estribeiras. Perder o dominio dun mesmo actuando de xeito irreflexivo e incontrolado.

Formas incorrectas

cabestrillo

Palabras veciñas

estriato | estribado -da | estribar | estribeira | estribo | estribor | estricar