estribo

estribo
    1. Cada unha das pezas de metal, madeira ou coiro, colocadas unha a cada lado da sela, nas que o xinete pon o pé cando cabalga.

      Ex: Subiu ó cabalo poñendo o pé no estribo.

      Sinónimos: estribeira.
    2. [TRANSP]

      Accesorio acoplado aos pedais da bicicleta que permite introducir todo o pé suxeitándoo por medio dunha correa.

    3. s m

      Peza que, amodo de chanzo, serve para subir ou baixar nalgúns vehículos.

      Ex: A carruaxe levaba estribos que axudaban a baixar.

  1. s m [ANAT]

    Pequeno óso situado na parte máis interna do oído medio dos mamíferos que se articula, pola parte superior, coa bigornia, e que se insire pola base na fiestra oval.

    1. Peza coa que se aseguran trabes ou se ligan dúas pezas de madeira.

    2. estribo de pendulón [CONSTR]

      Abrazadeira de ferro que suxeita o tirante co extremo inferior do pendulón.

  2. s m
    1. Peza que serve de apoio.

      Ex: Apoiou o pé no estribo para mover a pedra de afiar.

    2. [CONSTR]

      Machón dunha obra de fábrica que reforza ou contrarresta as cargas dunha construción.

    3. [CONSTR]

      Nervio lonxitudinal que reforza unha trabe de formigón.

    4. [CONSTR]

      Barra de ferro que serve de apoio a un madeiro ou trabe.

    5. [CONSTR]

      Madeiro dunha armadura colocado horizontalmente sobre os tirantes e no que se apoian os cangos de tesoiras.

Frases feitas

  • Perder os estribos. Perder o dominio dun mesmo actuando de xeito irreflexivo e incontrolado.

Palabras veciñas

estribado -da | estribar | estribeira | estribo | estribor | estricar | estrición