estribo
-
-
Cada unha das pezas de metal, madeira ou coiro, colocadas unha a cada lado da sela, nas que o xinete pon o pé cando cabalga.
Ex: Subiu ó cabalo poñendo o pé no estribo.
Sinónimos: estribeira. -
[TRANSP]
Accesorio acoplado aos pedais da bicicleta que permite introducir todo o pé suxeitándoo por medio dunha correa.
-
s
m
Peza que, amodo de chanzo, serve para subir ou baixar nalgúns vehículos.
Ex: A carruaxe levaba estribos que axudaban a baixar.
-
-
s
m
[ANAT]
Pequeno óso situado na parte máis interna do oído medio dos mamíferos que se articula, pola parte superior, coa bigornia, e que se insire pola base na fiestra oval.
-
-
Peza coa que se aseguran trabes ou se ligan dúas pezas de madeira.
-
estribo de pendulón
[CONSTR]
Abrazadeira de ferro que suxeita o tirante co extremo inferior do pendulón.
-
-
s
m
-
Peza que serve de apoio.
Ex: Apoiou o pé no estribo para mover a pedra de afiar.
-
[CONSTR]
Machón dunha obra de fábrica que reforza ou contrarresta as cargas dunha construción.
-
[CONSTR]
Nervio lonxitudinal que reforza unha trabe de formigón.
-
[CONSTR]
Barra de ferro que serve de apoio a un madeiro ou trabe.
-
[CONSTR]
Madeiro dunha armadura colocado horizontalmente sobre os tirantes e no que se apoian os cangos de tesoiras.
-
Frases feitas
-
Perder os estribos. Perder o dominio dun mesmo actuando de xeito irreflexivo e incontrolado.