Estrilda

Estrilda
[ANIMAL/ORNIT]

Xénero de aves granívoras ao que pertence a especie E. astrild, de 9 cm de lonxitude, de cola longa, peteiro vermello e plumaxe finamente raiada, de cor agrisada e acastañada coas meixelas brancas, unha franxa ocular vermella e o ventre carmesí. Orixinaria de África tropical e meridional, vive en espacios abertos con herbeiras altas. Aparece como ave alóctona en Brasil, California, Hawaii e en illas do Atlántico e do Pacífico. En 1964 soltáronse nas proximidades de Lisboa bandos desta especie que se estableceron nun principio en zonas húmidas asociadas a cursos fluviais e logo tamén en mosaicos agrícolas con presenza de auga. Posteriormente, colonizou a maior parte de Portugal e zonas de Extremadura e Galicia, a onde chegou en 1980.

Palabras veciñas

estrigada | estrigado -da | estrigar | Estrilda | estríldido -da | estrincar | estrincón