estríldido -da
estríldido -da
(< lat Estrilda)
-
adx
Relativo ou pertencente aos estríldidos.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave da familia dos estríldidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ORNIT]
Familia de aves, da orde dos paseriformes, de pequeno tamaño e peteiros grosos, e en moitas especies vivamente coloreado. Son animais gregarios orixinarios principalmente de África, Indonesia e Oceanía que, no caso dalgunhas especies, foron levadas a Europa como aves de gaiola onde logo se naturalizaron. Popularmente reciben os nomes de bicos de coral, bengalís ou diamantes. As especies de estríldidos presentes en Galicia proceden da expansión de poboacións portuguesas que chegaron a Europa no período colonial.