estripeiro
estripeiro
(< estripo < lat stirpe‘tronco’)
s
m
[PLANTA]
Arbusto espiñento de ata 5 m, de copa arredondada e densa, formada por follas ovadas e lobuladas, flores de 5 pétalos brancos e estames de cor rosa e froito en baga de cor vermella. A madeira emprégase para facer ferramentas e outros útiles. As flores serven como tónico cardíaco e para tratar as arritmias e a hipertensión arterial. Tamén se coñece cos nomes de estripo e escambrón.