estrobo
(< lat v *strophu, de struppu< gr στρόϕος ‘lazo, corda, volta’)
-
s
m
[MAR]
Anel formado por un anaco de cabo encapelado ao tolete dunha embarcación que, envolvendo a punta do remo, serve como ligadura para suxeitalo; esta faena, ademais de actuar como punto de apoio, facilita a acción de bogar.
-
s
m
Lazo que vai no centro do xugo dos bois e que serve para suxeitalo ao temon do carro ou do arado por medio da chavella.
-
s
m
Aro ou lazo feito dunha corda ou dunha póla verde retorta que suxeita a cancela ao posto en que se apoia para xirar.
-
s
m
Pao ou madeiro en que descansan diferentes obxectos ou pezas.
-
s
m
Lazo de corda ou de varas que se emprega para suxeitar ou amarrar distintos aparellos.
-
s
m
[MAR]
Anaco de cabo unido polos chicotes que se emprega en diferentes faenas marítimas, especialmente para supender os obxectos pesados que se queren embarcar ou desembarcar.
-
s
m
Espeque ou puntal para soster a tapa dunha arca cando se abre.