estroboscopia
estroboscopia
(< grστρόϕος ‘lazo, corda, volta’ + -scopia)
s
f
[FÍS/TECNOL]
Procedemento de observación e estudo de movementos periódicos moi rápidos, como vibracións ou rotacións. O seu fundamento, explicado por J. Plateau en 1836, baséase no feito de que o ollo pode apreciar unha serie de imaxes intermitentes dunha frecuencia determinada, pero non pode reter o movemento excesivamente rápido. Desta maneira, o obxecto en movemento aparece como se estivese parado. Estas series de imaxes obtéñense por medio do estroboscopio.