estronca

estronca
  1. s f [PESCA]

    Forquiña grande que se emprega para levantar pesos, sobre todo as varas e os remos das embarcacións.

  2. s f [PESCA]

    Parte do aparello que se emprega na pesca do polbo.

  3. s f [PESCA]

    Anzol grande para pescar congros con liña.

  4. s f [MAR]

    Cordel cunha pedra atada no extremo e un nó corredizo que se fai escorregar pola liña; serve para cortar a liña polo medio dun tirón co fin de salvar a maior parte dela cando o anzol está prendido.