Etchells, Frederick
Etchells, Frederick
Pintor, arquitecto e debuxante. Formouse no Royal College of Art (1908-1911) e ampliou estudios en París. Participou no grupo Omega Workshops (1913) e nas exposicións vorticistas de Londres (1915) e Nova York (1917). Dende 1920 dedicouse á arquitectura e á restauración de monumentos. Traduciu, entre outras obras de Le Corbusier, The city of tomorrow and its planning (A cidade do mañá e a súa planificación, 1947). Escribiu con G. W. O. Addleshaw The architectural setting of anglican worship (O escenario arquitectónico do culto anglicano, 1948).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Newcastle -
Deceso
Lugar : Folkestone