Etelredo II o Indeciso
Etelredo II o Indeciso
Rei dos anglosaxóns (979-1013 e 1014-1016), fillo de Edgar I de Wessex. Accedeu ao trono tralo asasinato do seu irmán Eduardo II o Santo (978). En 1002 mandou matar a todos os descendentes de daneses que vivían en Inglaterra co fin de acabar coa axuda ás continuas razzias dos viquingos. Non obstante , en 1013 o Rei Svend de Dinamarca conquistou os seus territorios, polo que se viu obrigado a refuxiarse nas terras do seu sogro, o duque de Normandie. Recuperou o seu reino en 1014.
Cronología
-
Deceso