Ethernet

Ethernet
[INFORM]

Tecnoloxía para a creación de redes informáticas de área local de alta velocidade. Todos os ordenadores e demais equipos conectados á rede poden intercambiar datos a 10 Mb por segundo. A conexión realízase por medio de sinais de radiofrecuencia transportados por un cable coaxial. Unha revisión desta tecnoloxía permitiu que os datos puidesen chegar a intercambiarse a velocidades de ata 1 Gb por segundo. O seu nome orixinal, Ethernet DIX, facía referencia ás tres compañías que interviron no deseño do estándar: Digital, Intel e Xerox.

Palabras veciñas

eterosauro | etesio -sia | Etheredge, George | Ethernet | EtherTalk | Ethica | etic*