etic*
etic*
adx
[ANTROP]
Aplícase á descrición e interpretación dunha cultura ou dun comportamento elaborado cientificamente dende o exterior do seu sistema. Trátase dunha forma de aproximación a unha cultura obxecto de estudo característica do investigador. O concepto foi cuñado por K. L. Pike e introduciuse na antropoloxía dende a análise fonolóxica da lingüística. Fai referencia ao problema metodolóxico da perspectiva dende a que se describe ou se analiza calquera dos contidos culturais dun pobo. OBS: Oponse a emic.