Etxebarri Doneztebeco Elizatea

Etxebarri Doneztebeco Elizatea
Nome científico: [nome cooficial castelán; Etxebarri, Anteiglesia de San Esteban]

Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, no val do río Nervión (6.374 h [1996]). A proximidade a Bilbao fixo que o espazo industrial aumentase considerablemente. As principais industrias pertencen ao sector metalúrxico. A agricultura supón unha pequena porcentaxe en relación aos demais sectores. Tamén son importantes os servicios, que reúnen un gran número de pequenas e medianas empresas.