Eucken, Rudolf Christoph
Filósofo alemán. Educouse en Gotinga e Berlín, e foi profesor de filosofía nas universidades de Basilea (1871-1874) e Jena (1874-1920). Impulsou a reacción idealista contra o pensamento naturalista do seu tempo. Elaborou un sistema de pensamento coñecido como activismo ético, que defendeu a necesidade dun afán ético persoal na vida, polo que os individuos deberían esforzarse por superar os instintos naturais e tender ao espiritual. Considerou a relixión como un soporte protector das persoas, aínda que incapaz de impulsalas cara a unha completa identificación co espiritual. Entre as súas obras destacan Die Methode der Aristotelischen Forschung (O método da investigación aristotélica, 1872), Geschichte und kritik der Grundbegriffe der Gegenwart (Historia e crítica dos principios fundamentais do noso tempo, 1878) e Der Walhrheitsgehalt der Religion (O contido de verdade na relixión, 1925). En 1908 recibiu o Premio Nobel de Literatura.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Aurich, Frisia -
Deceso
Lugar : Jena