Eucken, Walter Kurt Heinrich
Eucken, Walter Kurt Heinrich
Economista alemán. Integrado na corrente que preconizou a economía social de mercado, foi profesor en Friburgo e un dos fundadores da revista Ordo. Estableceu unha clasificación de 25 tipos de mercado, segundo respondesen á oferta e á demanda a cinco modalidades básicas: monopolio, monopolio parcial, oligopolio, oligopolio parcial e competencia perfecta. Das súas obras destacan Kapitaltheoretische Untersuchungen (Investigacións teóricas sobre o capital, 1934) e Die Grundlagen der Nationalökonomie (Fundamentos da economía nacional, 1940).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Jena -
Deceso
Lugar : Londres