Eudemo de Rodas
Eudemo de Rodas
Filósofo grego. Discípulo de Aristóteles, estudiou na Academia e abandonou Atenas trala elección como escolarca de Teofrasto de Lesbos. Sistematizou e editou as obras de Aristóteles e foi autor de varios tratados sobre a historia da aritmética, da xeometría e da astronomía, dos que non se conserva ningún.